XA TEMOS O NOSO MURAL DE LACTACIÓN!!

Despois de anos de planificación e entusiasmo, finalmente podemos anunciar que o noso mural de lactación é unha realidade. Este proxecto, tan ansiado pola nosa comunidade, atopou as condicións ideais para a súa realización e hoxe xa podemos gozalo.

Sentimonos afortunadas de contar coa talentosa Patricia Fernández, tamén coñecida como «Lapintiparada», quen aceptou con entusiasmo este desafío. Patricia logrou captar perfectamente a nosa visión e plasmouna nun deseño moderno e vibrante. O mural presenta a unha muller orgullosa de aleitar a un neno que xa non é un bebé, acompañada pola sua parella, resaltando así o importante papel do apoio na lactación. Na nosa asociación, adicada ao apoio nai a nai, incidimos na importancia de sentirnos acompañadas durante este proceso. Xa non so por parte da parella, senon por familiares, sociedade, profesionais da saude e un longo etc

O obxectivo desta obra é visibilizar e normalizar a lactación materna dende a infancia. Por iso, o mural se atopa nunha zona estratéxica, rodeada de colexios, institutos, un centro de saúde e escolas deportivas. Queremos que a comunidade se familiaricen con esta imaxe e comprendan a súa importancia.

O muro foi cedido e acondicionado polo concello. 

Incluese a frase “O Barco Cidade Amiga da Lactación Materna”, en recoñecemento á declaración institucional realizada en abril deste ano. Este proxecto, que presentamos a asociación De Nai a Nai co mesmo nome, recibiu o apoio unánime dos tres partidos presentes no noso concello, aprobado en moción conxunta.

Esta iniciativa é só o comezo; dentro do proxecto “O Barco Cidade Amiga da Lactación Materna” hai outras actividades planificadas a medio e longo prazo para seguir promovendo e apoiando a lactación materna na nosa vila.

Esperamos que vos guste tanto o mural, como a nós!!

PUBLICACIÓNS EN PRENSA LOCAL:

https://osil.info/o-mural-de-de-nai-a-nai-sobre-lactacion-materna-xa-loce-no-barco/?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTEAAR0vIc41rJbG0cplUq9IEsaxg5YNLe9O_9rfMtJ_O4xRJ0dZUlBuDUw6qw4_aem_ZmFrZWR1bW15MTZieXRlcw

https://www.somoscomarca.es/articulo/obarco/mural-da-lactancia-materna-xa-realidade-barco/20240617113131175569.html?fbclid=IwZXh0bgNhZW0CMTEAAR0PJeHZT6OPtG8OiLbbGRKD3q1DSPw2Ncqfig4RubYHn8XjUNHPV1yr9a8_aem_ZmFrZWR1bW15MTZieXRlcw