Os primeiros días coa chegada dun bebé están cheos de emocións, descubrimentos e tamén de preguntas. Cando se inicia a lactación materna, é habitual que aparezan dúbidas sobre o agarre, as tomas, a subida do leite ou as pequenas dificultades que poden xurdir durante este proceso.
Por iso, desde De Nai a Nai convidámoste a participar nunha nova charla sobre lactación materna nos primeiros días de vida do bebé, un encontro pensado para compartir información útil, resolver inquedanzas e afrontar esta etapa con máis confianza e tranquilidade.
Durante a sesión falaremos de aspectos prácticos do comezo da lactación:
- Como conseguir un bo agarre e atopar posturas cómodas para aleitar.
- Como recoñecer as primeiras sinais de fame do bebé.
- Que sucede coa subida do leite e que podemos esperar neses días.
- Cales son as molestias máis frecuentes e cando é recomendable consultar.
- A importancia do apoio emocional e da implicación da familia.
- Mitos, crenzas e preguntas habituais arredor da lactación materna.
A charla será impartida por Lorena Prada Fernández, enfermeira e IBCLC, que nos achegará información actualizada e orientación para comprender mellor esta primeira etapa.
Está dirixida a mulleres embarazadas que estean pensando en aleitar e a nais recentes que queiran ampliar información ou compartir as súas experiencias. Tamén animamos a vir acompañadas das persoas que vos rodean e vos apoian. E, se xa viviches a experiencia da lactación e che apetece compartir a túa historia con outras nais, tamén tes un lugar neste encontro.
Queremos que sexa un espazo aberto, acolledor e sen xuízos, no que cada experiencia teña cabida e no que poidamos aprender unhas das outras.
📅 Mércores 25 de novembro
🕠 Ás 17:30 h
📍 Rúa Academia Dequidt, nº 6, cuarto andar (edificio da biblioteca)
A entrada é libre e gratuíta.
