Obradoiro sobre “A violencia obstétrica como violencia de xénero”

Encamiñandonos hacia a 7ª semana da Lactación Materna O Barco de Valdeorras e asi abrindo portas a toda unha serie de pequenas propostas ou actos que podan axudar e o mesmo tempo facer desfrutar a tod@s aqueles que asi o desexen partindo de pequenas ideas e propostas dunha serie de MULLERES E NAIS, que sobretodo con moita ilusión e iniciativa intentan facelo posible.

A primeira delas será o obradoiro titulado “A violencia obstétrica como violencia de xénero”, que contará con dúas sesións.

A primeira sesión terá lugar o 25 de setembro ás 18h. no 3º andar do edificio multiusos do Barco. Será impartida pola valdeorresa María Aurora Rodríguez, matrona do paritorio do Hospital do Bierzo. Segundo explica esta profesional, o termo violencia obstétrica refírese “a un conxunto de prácticas levadas a cabo no ámbito da atención á saúde sexual e reprodutiva da muller (incluíndo o binomio nai-fillo/a), fundamentalmente durante os procesos de embarazo, parto e puerperio, xunto con actitudes que poden dar como resultado unha degradación, opresión e/ou intimidación da mesma de distintos xeitos; constituíndo unha violación dos seus dereitos humanos e reprodutivos a nivel físico e/ou psicolóxico. Infantiliza á muller, empregando unha actitude paternalista e/ou vexatoria”.

Este tipo de violencia está recoñecida pola ONU e así se reflexa nun informe emitido recentemente no que dentro da violencia contra a muller faise referencia explícita á violencia obstétrica. Nesta temática incidirase no Barco nunha segunda sesión do obradoiro, desta volta da man de Ana María García, avogada vianesa especializada en temas de xénero.

O tema da violencia obstétrica é moi delicado e hai que tratalo con sumo respecto xa que as consecuencias emociais e/ou físicas deixan en nais e bebés unha pegada e causan unha dor silenciosa que vai máis alá do físico. É por iso que se elixiron dúas ponentes que son grandes coñecedoras do tema e que nos darán as ferramentas necesarias para recoñecer cando somos vítimas desa violencia, como previla e como afrontala en caso de sufrila. Para iso explicarannos cales son os nosos dereitos, os das nais por unha banda, e os dos bebés pola outra, e como debemos reclamalos”, explica a presidenta da Asociación De Nai a Nai, Lorena Prada.

Ademais a responsable desta asociación lembra que estes dous obradoiros están organizados conxuntamente co Concello do Barco, “ao que lle agradecemos esta oportunidade de informar a futuras familias”. Ademais estas actividades están incluídas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.