CHARLA EXTRACCIÓN E CONSERVACIÓN DO LEITE MATERNO

O próximo día 15 de maio, na asociación De Nai a Nai organizamos unha charla sobre extracción e conservación do leite materno. Terá lugar no local onde facemos as reunións habitualmente, no edificio da biblioteca pública do Barco, no 4º piso, ás 17:30h.

Antía Fernández Gómez será a relatora desta charla, que nos dará as claves sobre cómo realizar unha extracción de leite de xeito óptimo. Ela é nai dunha nena e un neno, asesora de lactación e enfermeira en obstetricia. Falará sobre cómo realizar a extracción manual e sobre que cuestións debemos de ter en conta á hora de utilizar un sacaleites. Cantos días podemos manter o leite na neveira, ou cómo desconxelala, son cuestións que se repiten habitualmente ao falar deste tema. Tras finalizar a charla, haberá un coloquio onde outras nais compartirán a súa propia experiencia co fin de axudar ás mulleres que acudan en busca de información e ideas, para poder continuar aleitando durante a volta ao traballo, ou en calquera outra circunstancia pola que necesiten extraerse leite.

Existen diferentes situacións polas que unha nai decide extraerse leite, poida que o seu bebé necesite ser suplementado por baixo peso ou por dificultades na succión, ou que a nai teña que ausentarse por calquera motivo. Sexa o caso que sexa, a nai vai necesitar apoio, e un bo manexo da extracción manual ou mediante sacaleches. Nesta charla poderá resolver todas as súas dúbidas sobre este tema ou calquera outro relacionado coa lactación.

ESPERÁMOSVOS¡¡¡