“Cómo acompañar as tuas fillas e fillos na sua “vida dixital”: Claves para comprender e previr”

Hoxe en día as familias atopámonos con diferentes informacións sobre o uso de pantallas e internet en nenos/as e adolescentes,algunha delas contraditorias. Noticias como:

«As escolas suecas dan marcha atrás no uso de pantallas e volven aos libros de texto»

«Unha revisión de estudos indica que os efectos do uso de pantallas nos nenos e adolescentes son pequenos.Os expertos afirman que polo momento os datos non xustifican a alarma sobre o uso de pantallas e chaman a non xulgar os dispositivos senón o uso que se faga deles»

«A AEPD (Asociación Española de Protección de Datos) alerta que a idade media de acceso a pornografía entre menores sitúase nos oito anos»

Como familias preguntámonos:

¿O seu uso está a afectar ás que adquisición de competencias consideradas esenciais?

¿Hai unha idade ideal para “empezar”o aprendizaxe sobre competencia dixital?

Como adultos, ¿cómo podemos acompañar e educar ós adolescentes para un uso responsable desta tecnoloxía?

Está claro que temos que aprender a convivir coas redes sociais e internet xa que forman parte do noso día a día. Pero non somos nativos dixitais, non temos referencias de como poñer límites…Se a isto sumámoslle que as novas tecnoloxías convertéronse na forma común de acoso a nenos/ase menores de idade nas súas múltiples formas e cada día miles de menores sofren a través de internet o que se coñece como ciberacoso ou ciberbullying as nosas dúbidas e medos increméntanse máis.

Por iso organizamos unha charla sobre “Cómo acompañar as tuas fillas e fillos na sua “vida dixital”: Claves para comprender e previr” onde abordaremos todos estes temas e máis. Será impartida por Manuel Isorna, Doutor en Psicoloxía.

Será o 30 de abril ás 19:30 horas no 3º andar do Edificio Multiusos de O Barco de Valdeorras. A asistencia é gratuíta e esperamos que chegue a moitas familias.

ESPERÁMOSVOS¡¡